Feira do Lázaro e Certame Gastronómico “Vila de Verín” 2010
Durante os días 19, 20 e 21 de marzo, a vila de Verín acollerá a tradicional celebración da Feira do Lázaro e a terceira edición do Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’. Un evento que comprende, ademais da celebración relixiosa en honra a San Lázaro, a realización dunha serie de actividades culturais e lúdicas que transcorrerán en varias localizacións e que o converterán nun acontecemento completo e integrado destina a todos os públicos.
Fuente: Ayto. de Verín