Noticias

Viña Costeira presenta o espectáculo da noite das Perseidas 2019

  • Viña Costeira organiza un ano máis un dos espectáculos de referencia do verán galego, que será o 8 de Agosto.
  • Nesta edición, chea de sorpresas, haberá dende lume ata espectáculos acrobáticos.

Adega Viña Costeira, 25 de Xuño de 2019.
                        
Viña Costeira xa está a preparar o maior espectáculo das noites do verán galego, a Noite das Perseidas 2019. Volta o evento máis extraordinario do ano e faino estreando ubicación no Pazo de Toubes, un lugar emblemático da comarca do Ribeiro e cun encanto especial, dende o que se poderán observar as tradionais “Bágoas de San Lourenzo” nun entorno ideal para a visualización de estrelas.

Nesta Noite das perseidas 2019 haberá novidades respecto a pasadas edicións, contando cun espectáculo acrobático con lume, e moitas outras sorpresas, que completarán unha cea maridada, coctelería, observación guiada de estrelas e dj´s.

O evento, que terá un prezo de 50€, será o xoves 8 de Agosto, conrecepción ás 20:00 horas na Adega Viña Costeira, facéndose o traslado en autobús ata o Pazo de Toubes para dar inicio a esta noite tan especial. A finalización está prevista para as 02:00 horas, aínda que haberá servizo de autobuses dende a 01:00 horas. Podes mercar as túas entradas aquí:ENTRADAS

Con este evento, Viña Costeira continúa a ampliar a súa oferta enoturísica, ca que recibe máis de 10.000 visitas ao ano, promocionando a zona do Ribeiro, un entorno de gran valor paisaxístico e enolóxico que axuda a promocionar Galicia como destino turístico de valor engadido.

Cea, Coctelería, observación guiada, espectáculo e música
Data: 8 de agosto
Hora: 20:00 horas na Adega Viña Costeira
Prezo: 50€